0

Cociña con cogomelos (IV): Polo con champiñóns

Cociña con cogomelos, porque sempre son o acompañante perfecto. Por iso, hoxe traemos un receita de polo con champiñóns que fará que as patacas ou o arroz queden relegados a un papel secundario. Para isto seguimos os pasos de Bruno Oteiza. Coas seguintes indicacións conseguiredes sacar o maior proveito dos cogomelos de Galicia que gardades na neveira despois de realizar a vosa colleita:

Ingredientes:

  • 1/2 polo troceado
  • 8 dentes de allo
  • 700 gramos de champiñóns
  • 2 pementos verdes
  • 1 cebola
  • 1 cullerada de fariña
  • 2 vasos de viño branco
  • 1 vaso de agua
  • aceite de oliva virxen extra
  • sal
  • pementa
  • perexil picado

Preparación:

  • Botámoslle sal e pementa á metade de polo troceado e o doramos nunha tixola cun pouco de aceite. Engadimos os allos pelados, e previamente laminados, e os cociñamos uns minutos. Unha vez que esteñan listos, retiramos a carne.
  • Nesa mesma tixola, salteamos os champiñóns.
  • Cando xa estén cociñados, os retiramos do lume.
  • Pasamos agora pola tixola a cebola e os pementos verdes picados e a deixamos cuberta cunha tapa para que se fagan ben.
  • Pasados uns minutos, incorporamos a cullerada de fariña e deixamos á mestura refogar.
  • O seguinte paso é mesturar coa fariña os cogomelos e o polo.
  • Mollamos todo co viño brando e a auga e sazonamos. Deixamos todo este conxunto cociñarse durante uns 40-45 minutos.

E xa temos o polo con cogomelos listo para poñer na mesa!

fonte: hogarutil.com

fonte: hogarutil.com

Outras opcións:

0

Cociña con cogomelos (III): Risotto de setas

Cociña con cogomelos hoxe preséntavos unha receita que vai un pouco máis aló das fronteiras galegas: o coñecido Risotto de setas. E o motivo é completamente xustificado, porque estaba eu buscando ideas para a comida de mañá e definitivamente penso que esta será a opción gañadora. A receita que collo de base sempre é a que publicou na súa páxina web o espazo pequerecetas.com. Así que imos a elo:

Ingredientes:

  • 1 litro de caldo de polo
  • 400 gramos de arroz (preferentemente de gran curto, aínda que tamén pode ser algunha variedade de gran redondo se así o queredes)
  • 300 gramos de setas
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1 vasiño de viño branco
  • 75 gramos de queixo parmesano raiado
  • Sal e pementa
  • 70 gramos de manteiga

Preparación:

  • Picamos a cebola e o allo e os botamos nunha tixola, cun pouco de manteiga, e o deixamos a lume moderado a refogar
  • Cando esté listo, engadimos as setas (previamente troceadas) e sazonamos. Deixamos que os cogomelos se cociñen ate que solten toda a auga
  • Nun cazo con auga a lume suave botamos o arroz e removemos. Engadímoslle tamén o vasiño de viño branco e un cucharón de caldo de polo. Remexemos ata que se evapore (uns 5 minutos, aproximadamente)
  • Unha vez evaporado o líquido anterior, vertimos outro cucharón de caldo de polo ó arroz e continuamos remexendo lentamente
  • Repetimos o proceso anterior ate que o arroz esté no seu punto (que acostuma a ser despois de 25-30 minutos, máis ou menos). A textura resultante debe ser cremosa, mais non excesivamente branda.
  • Cando consideredes que está no seu punto, mesturamos co queixo parmesano raiado, un pouco de manteiga e remexemos todo ben.
fonte: pequerecetas.com

fonte: pequerecetas.com

Outras opcións:

0

Cociña con cogomelos (II): Cogomelos á caseira

Na nosa segunda entrega de Cociña con cogomelos, unha receita do máis sinxela e normaliña, pero que sempre da bo resultado como nova opción ante os cogomelos nús como acompañantes nos nosos pratos: Cogomelos á caseira.

Ingredientes:

  • 500 gramos de cogomelos
  • 6 dentes de allo
  • 50 gramos de pan raiado
  • Perexil picado
  • Sal

Preparación:

Pasamos os cogomelos pola tixola para fritilos un pouco, mesturados cun pouco de allo e o perexil, todo moi ben picado. Engadimos tamén o pan raiado, sen deixar que se fagan moito.

Unha vez feito isto, tan só queda sazonalos e… servir!

 

Outras opcións: