0

Cociña con cogomelos (III): Risotto de setas

Cociña con cogomelos hoxe preséntavos unha receita que vai un pouco máis aló das fronteiras galegas: o coñecido Risotto de setas. E o motivo é completamente xustificado, porque estaba eu buscando ideas para a comida de mañá e definitivamente penso que esta será a opción gañadora. A receita que collo de base sempre é a que publicou na súa páxina web o espazo pequerecetas.com. Así que imos a elo:

Ingredientes:

  • 1 litro de caldo de polo
  • 400 gramos de arroz (preferentemente de gran curto, aínda que tamén pode ser algunha variedade de gran redondo se así o queredes)
  • 300 gramos de setas
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1 vasiño de viño branco
  • 75 gramos de queixo parmesano raiado
  • Sal e pementa
  • 70 gramos de manteiga

Preparación:

  • Picamos a cebola e o allo e os botamos nunha tixola, cun pouco de manteiga, e o deixamos a lume moderado a refogar
  • Cando esté listo, engadimos as setas (previamente troceadas) e sazonamos. Deixamos que os cogomelos se cociñen ate que solten toda a auga
  • Nun cazo con auga a lume suave botamos o arroz e removemos. Engadímoslle tamén o vasiño de viño branco e un cucharón de caldo de polo. Remexemos ata que se evapore (uns 5 minutos, aproximadamente)
  • Unha vez evaporado o líquido anterior, vertimos outro cucharón de caldo de polo ó arroz e continuamos remexendo lentamente
  • Repetimos o proceso anterior ate que o arroz esté no seu punto (que acostuma a ser despois de 25-30 minutos, máis ou menos). A textura resultante debe ser cremosa, mais non excesivamente branda.
  • Cando consideredes que está no seu punto, mesturamos co queixo parmesano raiado, un pouco de manteiga e remexemos todo ben.
fonte: pequerecetas.com

fonte: pequerecetas.com

Outras opcións: