A primeira peza de Cociña con cogomelos xa está aquí! Unha vez feita a colleita, vén a mellor parte. Unha parte chea de posibilidades e que nós hoxe iniciamos cunha combinación entre cogomelos e bechamel, tamén coñecido como “Cogomelos brancos”, ou así os chaman Marisa Castro ou Luis Freire na súa “Guía de setas ou cogumelos comestibles en Galicia” de Edicións Xerais de Galicia.
Ingredientes:
- 500 gramos de cogomelos
- 50 gramos de manteiga
- 1 ovo
- 1/2 litro de salsa bechamel
- Limón
- Leite
Preparación:
Cortamos os cogomelos en talladiñas, e unha vez cortados os poñemos nunha pota coa manteiga e un xorro de limón. Tapamos a pota e deixamos cocer con pouco lume os ingredientes ata que estean tenros. Unha vez listos, sazonámolos e lles engadimos a bechamel e a xema de ovo, que previamente mesturamos cun chorriño de leite, para enderezar a salsa.
Remexemos ben e… xa está listo pra servir!