Cociña con cogomelos, porque sempre son o acompañante perfecto. Por iso, hoxe traemos un receita de polo con champiñóns que fará que as patacas ou o arroz queden relegados a un papel secundario. Para isto seguimos os pasos de Bruno Oteiza. Coas seguintes indicacións conseguiredes sacar o maior proveito dos cogomelos de Galicia que gardades na neveira despois de realizar a vosa colleita:
Ingredientes:
- 1/2 polo troceado
- 8 dentes de allo
- 700 gramos de champiñóns
- 2 pementos verdes
- 1 cebola
- 1 cullerada de fariña
- 2 vasos de viño branco
- 1 vaso de agua
- aceite de oliva virxen extra
- sal
- pementa
- perexil picado
Preparación:
- Botámoslle sal e pementa á metade de polo troceado e o doramos nunha tixola cun pouco de aceite. Engadimos os allos pelados, e previamente laminados, e os cociñamos uns minutos. Unha vez que esteñan listos, retiramos a carne.
- Nesa mesma tixola, salteamos os champiñóns.
- Cando xa estén cociñados, os retiramos do lume.
- Pasamos agora pola tixola a cebola e os pementos verdes picados e a deixamos cuberta cunha tapa para que se fagan ben.
- Pasados uns minutos, incorporamos a cullerada de fariña e deixamos á mestura refogar.
- O seguinte paso é mesturar coa fariña os cogomelos e o polo.
- Mollamos todo co viño brando e a auga e sazonamos. Deixamos todo este conxunto cociñarse durante uns 40-45 minutos.
E xa temos o polo con cogomelos listo para poñer na mesa!
Outras opcións: