Biblioteca

Se queredes ampliar información e indagar moito máis sobre os cogomelos en Galicia sería recomendabel que visitásedes unha biblioteca ou a libraría que teñades máis preto. Existen moitas publicacións que vos serán de axuda se queredes aprender sobre a colleita de cogomelos, a súa conservación, ou mesmo os milleiros de aplicacións que se poden dar no ámbito da cociña con cogomelos.

Déixovos algunhas das publicacións que para min foron de gran axuda á hora de introducirme neste mundo e que considero dunha grande utilidade:

  • CASTRO, M. e FREIRE L. (1982) Guía das setas ou cogumelos comestibles de Galicia. Edicións Xerais de Galicia. Vigo.

Se queredes mercar o libro, podedes facelo aquí. A profesora Marisa Castro ten máis dun libro publicado sobre os cogomelos en Galicia, polo que tamén podedes buscar outras obras que formen parte da súa bibliografía.

  • MARCOTE J. M. C.; POSE, M; TRABA, J. M. (2003) Setas de Galicia. Xunta de Galicia.

Para facilitarvos a búsqueda, a continuación atoparedes enlaces que vos dirixirán ás tres páxinas bibliotecarias de maior relevancia en Galicia, cun inmenso depósito entre o cal pode que atopedes algo que paga a pena e aprendades moito sobre a colleita de cogomelos en Galicia e a súa cociña!

Bibliotecas públicas de Galicia:

Bibliotecas municipais de A Coruña

Fondo da Universidade de Santiago de Compostela

Deixar un comentario