0

Cociña con cogomelos (V): Paté de setas

Cociña con cogomelos tráevos unha nova proposta…

Cociña con cogomelos:

Paté de setas

Paté de cogomelos

Se consultamos a nosa clasificación culinaria de cogomelos en Galicia, atoparemos todas aquelas especies que son aptas para traballar nos fogóns, pero neste caso o noso consello é que, se saídes á búsqueda de cogomelos antes de realizar esta receita, apreoveitedes a vosa colleita para atopar algúns cogomelos da familia Bolataceae. Por que? Porque a nosa receita é un paté de setas, pero, concretamente, é un paté de boletos.

Cociña con cogomelos

Ingredientes:

  • 1 kg de boletos
  • Xelatina
  • Manteiga
  • Caldo de carne
  • Leite
  • Brandy
  • Allo
  • Cebola
  • Perexil
  • Pan raiado
  • Aceite de oliva
  • Pementa
  • Sal

Preparación:

  • Limpamos os cogomelos e troceámolos.
  • Nun cazo poñemos aceite e un pouco de manteiga. Cando esta esté fundida, engadimos as setas, o perexil -previamente picado- e o allo -tamén picado-.
  • Engadir un pouco de cebola picada e refogar, evitando que a cebola se dore.
  • Botamos un pouco de pan raiado e mezclamos ben. Cando esté refogado, engadimos o caldo de carne, a leite e un pouco de pementa e sal. Deixamos pasar uns minutos e engadimos o brandy e mantemos fervendo a lume suave ata que espese a salsa.
  • Pasamos todo pola batidora e batimos até que quede cunha textura cremosa e deixamos no cazo para que se faga durante cinco minutos máis.
  • Preparamos as follas de xelatina en auga fría e llas engadimos á crema anterior antes de que esta enfríe, e removemos até que as follas estén perfectamente disoltas.
  • Vertemos esta crema resultante nun molde e deixamos enfríar.

Como consello posterior para a súa presentación no prato, podedes acompañar ó paté cunha salsa de maionesa ou tamén dunha salsa de boletos, se queredes continuar coa temática e sacarlle o máximo proveito á vosa colleita de cogomelos galegos.

 

Outras ideas para a cociña con cogomelos:

0

Cogomelos en Galicia

Para empezar a falar deste tema temos que facernos unha pregunta inicial: que son os cogomelos? E que diferencia existe entre cogomelos e fungos?

A palabra fungo, proveniente do latín fungus, ten un significado máis amplo que a palabra cogomelopois esta fai referencia ós fungos con forma de sombreiro e, dalgunha maneira e nun sentido máis estrito, tamén podemos dicir que son os fungos comestibles -ós que nós facemos referencia e clasificamos na nosa sección Tipoloxías Culinarias, onde recollemos as especies culinarias de cogomelos en Galicia-. Nembargantes, a palabra fungo, no seu sentido máis corrente e amplo, aplícase a todo tipo de cogomelos, sexan especies comestibles ou veleñosas.

Un fungo consta de dúas partes diferentes: o micelo e o carpóforo

Cogomelos en Galicia

 

O micelio, tamén chamado ‘fungo branco’ (aínda que non necesariamente é sempre desta cor), está constituído por un conxunto de filamentos, tabicados ou non, que medran de xeito vexetivo e case continuo. Dende que nace, exténdese de forma radial cara tódalas direccións, e ten unha vida tan longa que se pode contar por centos de anos.

Por outra banda, os carpóforos, de orixe sexual, prodúcense polas fibras micelianas e, moitas veces, en épocas moi precisas. O seu crecemento é radial, pero os carpóforos aparecen formando círculos.