0

Cogomelos en Galicia

Para empezar a falar deste tema temos que facernos unha pregunta inicial: que son os cogomelos? E que diferencia existe entre cogomelos e fungos?

A palabra fungo, proveniente do latín fungus, ten un significado máis amplo que a palabra cogomelopois esta fai referencia ós fungos con forma de sombreiro e, dalgunha maneira e nun sentido máis estrito, tamén podemos dicir que son os fungos comestibles -ós que nós facemos referencia e clasificamos na nosa sección Tipoloxías Culinarias, onde recollemos as especies culinarias de cogomelos en Galicia-. Nembargantes, a palabra fungo, no seu sentido máis corrente e amplo, aplícase a todo tipo de cogomelos, sexan especies comestibles ou veleñosas.

Un fungo consta de dúas partes diferentes: o micelo e o carpóforo

Cogomelos en Galicia

 

O micelio, tamén chamado ‘fungo branco’ (aínda que non necesariamente é sempre desta cor), está constituído por un conxunto de filamentos, tabicados ou non, que medran de xeito vexetivo e case continuo. Dende que nace, exténdese de forma radial cara tódalas direccións, e ten unha vida tan longa que se pode contar por centos de anos.

Por outra banda, os carpóforos, de orixe sexual, prodúcense polas fibras micelianas e, moitas veces, en épocas moi precisas. O seu crecemento é radial, pero os carpóforos aparecen formando círculos.